martes, 15 de maio de 2018

O ciclo da auga

Seguro que algúns rebuldeiros e rebuldeiras xa vos falaron algo do ciclo da auga, non é?


Despois de videos, exercicios, contos... parece que foi un éxito de tema!
Menudas viaxes que fan as pingas de auga para que todo funcione!

Coma xa dixemos, fixemos un montón de cousas arredor do ciclo da auga pero sen dúbida hai algunhas que nos gustaron máis:


O primeiro: A nosa chuleta portátil do ciclo da auga! Vichedes esas pulseiras? Todos e todas as rebuldeiras con máis ou menos axuda somos quen de contar o ciclo da auga seguindo a cor das contas das nosas pulseiras, o azul escuro é o mar que é quentado polo sol (amarelo) e xérase vapor que forma nubes (transparente) cando estas se enfrían (brancas) entón chove (azul clariño) e a auga cae na terra (verde) e rios ata que chega de novo ao mar e o ciclo volta comezar...




Tamén quedamos tolos/as co noso experimento super científico... o noso ciclo da auga embolsado...que funciona!

Cada un de nós creou un ciclo da auga totalmente funcional... 
Debuxamos unha paisaxe na bolsa, botamos un pouquiño de auga coma se fora o mar (e un pouco de colorante azul porque nos gustaba moito, aínda que xa sabemos que este non se nos vai evaporar nin formar pingas azuis...) e colgamos as nosas bolsas na fiestra da aula...

Ao principio houbo debate, algún dixo que se chovía na bolsa entón cada vez teriamos máis auga... pero despois decatámonos de que como a chuvia viña do evaporado do noso mar... pois a cantidade non crece! e nalgunha bolsa xa se puido comprobar!

A verdade é que estamos agardando a que saia un pouco máis o sol porque con estos días que viñeron só foi capaz evaporar un pouquiño dalgunhas... sabemos que se vai formar vapor na bolsa e cando esta enfría as pinguiñas deberán quedar pegadas na como se chovera na nosa paisaxe! De verdade! funciona!





Ah, tamén fixemos un comic protagonizado por unha pinguiña que viaxa!
E se foramos unha pinga que viaxa polo ciclo da auga? Que aventura viviriamos? Que diriamos? Cada un de nós creou un cómic que ten coma personaxe principal unha pinga de auga para explicar dunha forma distinta a ciclo de novo... algúns son obras de arte!

Bueno... tamén nos puidemos inspirar e axudar co este vídeo: (Clic na imaxe para acceder)


Aínda nos queda algo que argallar no ciclo pero cremos que vai quedando todo claro... algún ata descubriu que a nosa clase ten o seu propio ciclo da auga: "toda ou parte dunha botella cae ao voltar do recreo/ educación física/ ..., a profe recolle, secamos o chan e volta empezar" si é que hai rebuldeiros/as con moito humor...

Saúdos!

2 comentarios:

  1. Xeniales recursos para aprender e experimentar o ciclo da auga. Seguro que xa non se nos esquece!!. Parabéns!.

    ResponderEliminar
  2. Pareceunos xenial esta iniciativa, mil grazas

    ResponderEliminar