Este luns tiñamos un tema urxente que tratar na clase, e algúns xa viñan con ganas de falalo un pouco.
O primeiro que fixemos foi organizar un debate ordenado, e a mestra felicitounos ao final polo ben que o fixemos, respectando os turnos, pedindo a palabra, respondendo e ampliando información...
Dividimos o debate en varias seccións:
- Que novas/suceso coñecemos de esta fin de semana?
- Que sabemos do que sucedeu?
- Que sensacións nos producen estos feitos?
- Por que cremos que se orixinan incendios? (causas)
- Que pasa cando se queiman os montes? (consecuencias)
- Que podemos facer para que non se produzan incendios? (consellos)
Unha vez expostas a cantidade enorme de cousas que sabiamos sobre o tema dos incendios decidimos plasmalo nun papel, facendo a nosa representación artística e engandíndolle a frase que considerásemos.
O que sabemos seguro é que todos os nenos e nenas de 1º decimos forte e claro:
"lume nunca máis!"
Fantástica iniciativa, moitas gracias por compartir deste xeito as actividades da aula.
ResponderEliminar