mércores, 11 de outubro de 2017

O noso corpo!

En ciencias naturais comezamos falando do corpo, as súas partes, os sentidos...

Para abrir boca comezamos cunha canción de Sérgio Tannus, "eu teño un corpo".


Ademáis unha das nosas partes favoritas foi o xogo que chamamos "A pelota!"
Neste xogo varias parellas de rapaces/zas sitúanse un fronte ao outro cunha pelota de plastilina no chan entre eles.
Un/ha xefe/a vai nomeando partes do corpo que as parellas deben ir sinalando "Cabeza!, xeonllos! ollos! boca!" e cando menos o esperamos, este/a xefe/a di... "PELOTA!" e os dous da parella deben tratar de coller a pelota do medio o antes posible! é divertidísimo e pasamos uns bos ratos repasando moitos nomes de partes do corpo.




Agora estamos re-visitando os 5 sentidos e experimentando con eles.
Como escribimos para que nos poida ler alguén con problemas na visión? e para que nos "escoite" alguén non pode oír? que sabemos dos sabores? a que saberá unha sorpresa? e un enfado?, que nos conta o tacto? e de que nos informa o olfacto?

Ademáis pasaremos tamén polos nosos consellos para coidar o corpo... todo un mundo!

Agardamos que vos guste!



Ah! se fas clic...esta é a web que temos para ir seguindo todas as fases do "proxecto corpo" por si queredes botar un ollo!

2 comentarios:

  1. Parabéns polo blogue! Moitas grazas pola implicación e polo esforzo de crear este espazo para as familias!

    ResponderEliminar
  2. Encántame,vou copiar o xogo para inglés. parabéns, un blogue precioso

    ResponderEliminar