mércores, 4 de outubro de 2017

Os contos de Bubela

Pensar e imaxinar con só ver unha portada, ler en grupo, contar en alto, re-contar a historia, escribir o mesmo, e gravarnos contando o conto é un proceso no que nos estamos implicando moito e temos moitas ganas de que as familias vaian vendo os nosos primeiros contos de Bubela escritos e coloreados por nós e coas gravacións da nosa lectura.




Empregamos códigos QR que pegamos na parte traseira de cada un dos nosos contos para que nos poidan escoitar na casa.

Escoitar as nosas voces gravadas e tan raro coma divertido!

Aquí deixamos unha mostra do primeiro!

Clic aquí para escoitar o audio do equipo "Lobos da noite"
Clic aquí para escoitar o audio do equipo "Monstruos"
Clic aquí para escoitar o audio do equipo "Nome secreto"
Clic aquí para escoitar o audio do equipo "Super-aliens"

Agardamos que vos guste, rebuldeiros/as!

2 comentarios:

  1. Encantame! Moitas gracias por este blog

    ResponderEliminar
  2. MOitísimas grazas Patricia. Deste xeito podemos participar da alegría de aprender e valorar o voso traballo e esforzo. Parabéns!!!

    ResponderEliminar