sábado, 10 de marzo de 2018

Por un futuro en igualdade

Son moitos os días que levamos centrando a atención na igualdade e a conmemoración do día da muller.

Fixemos debates, reflexións, vimos vídeos...


Nun deses debates recopilamos algunhas das frases que foron saíndo tales como "As nenas tamén poden ser científicas", "As nenas tamén poden salvar a outros", "Nenos e nenas podemos vestir e empregar todas as cores", etc.

Entón dividímonos en grupos e recibimos unha plantilla para crear un cartaz e un estoxo cheo de xoguetes de Playmobil, posiblidade de coller algo de plastilina e tamén, cada equipo, recibiu unha das frases que saíron nos debates. Aí comezou a misión.

Cada equipo debía crear, cos xoguetes unha escena que representara a frase para poder fotografiala e crear os nosos "Cartaces pola igualdade"

Ao prinicpio non foi sinxelo, pois a emoción de que unha actividade incluíra aos Playmobil era moita e... menuda rebuldaina! 😉máis en canto tivemos clara a tarefa foron saíndo as nosas escenas, e que ben quedaron!

"Elas tamén poden ser valentes e aventureiras"

"Elas tamén poden ser excelentes en deportes de equipo"

"Elas tamén poden ser científicas"

"Elas tamén poden ser xefas"

"O rosa non é de nenas. Homes e mulleres poden verstir e empregar todas as cores"

"Elas tamén queren Legos. Nenas e nenos poden xogar con calquer tipo de xoguete"
"Elas tamén poden salvar a outros/as!"

Ao día seguinte tivemos as nosas escenas impresas para rematar de facer os nosos cartaces que agora están pendurados no corredor para que todos os cursos poidan observalos.



A igualdade construímola día a día mais a conmemoración tamén é importante.

Agardamos que vos gusten as nosas escenas fixemos un traballo en equipo moi bo e ben coordinado!

Saúdos!

venres, 2 de marzo de 2018

O Clube dos Devoralibros recibe felicitacións!

Bo día!

Ao mellor non sabiades que o Clube dos Devoralibros do que vos falamos nesta outra entrada leva xa MÁIS DE 200 libros lidos, contados, comentados... é que estos rebuldeiros estanse facendo expertos devoradores e na clase comentamos libros da casa, do cole, da biblio... cada día con máis destreza.

Tras tal fazaña lectora recibimos unha caixa na clase que viña acompañada dunha carta asinada por Rantamplín, un Máster-Devoralibros. Nela contábanos que saltou unha alarma no centro de mando do clube e descubriran que proviña do segundo andar do CEIP Sanjurjo de Carricarte, en concreto da nosa clase, e que nunca antes viran este récord... 



Ratamplín felicitábanos na súa carta e ademáis traia uns pequenos agasallos: un diploma para a clase, unha chocolatina lectora con motivos de cómic para cada un, o certificado que nos acredita coma mestres e mestras devoralibros e un marcapáxinas de distintos animais. Que alegría!



Ademáis Rantamplín prometeu voltar poñerse en contacto con nós se seguiamos coa nosa aventura lectora! Que emocionante!

Un saúdo rebuldeiro e a seguir devorando!