mércores, 22 de novembro de 2017

Unha actuación inesperada

Todos os MÉRCORES, despois do recreo, imos á biblioteca.

Alí facemos a xestión para devolver o libro anterior e escoller un novo que levar á casa cada semana.

Este mércores tamén o fixemos, uns/has escollen moi rápido o que queren levar, e cubren a ficha de rexistro de préstamos entón, mentres que os/as demáis seguen na procura dun título que lles convenza, poden botar unha ollada a outros contos, descubrir zonas da biblio...

Pero a creatividade é impredecible e nunca sabes cando pode traer un plan perfecto! E iso é o que pasou este mesmo mércores!

Mentres a profe aínda comprobaba as devolucións de libros e axudaba cos novos préstamos, un grupiño estaba reunido nunha zona da biblioteca que ten un gran sillón e un atril... 
Que estarían a tramar? Cando se quixo dar conta escoitou "Con todos ustedes...Antón, África..." e achegouse alí con cara de querer saber que pasaba... "Vamos a hacer una actuación" aseguraron... así que decidimos que poderíamos ver todos de que ía esa actuación.

O caso é que escolleran un conto: "Nicomedes o pelado"


E tiñan unha super narradora (Carolina) que ía lendo cada páxina do libro que escolleran, tamén había un grupo de actores e actrices que, con algo de atrezzo que atoparon pola biblio, ían aparecendo desde detrás do sillón e representando cada unha das páxinas.


Aínda que a representación tivo momentos moi desordenados tedes que ter en conta que foi en moi poucos minutos nos que o grupo, pola súa conta, organizouse, decidiu, e saliu a escea.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo do momento.


Todos, organizadores/as e público, desfrutamos da sorpresa que prepararon, e quedounos claro, temos moi boas dotes para empregar nas unidades que virán cheas de teatro!



3 comentarios:

  1. Grazas por facer este video e compartilo é xenial velos/as como disfrutan da lectura, con motivación e imaxinación.

    ResponderEliminar
  2. Mil grazas Patricia. Que ferramentas marabillosas para aprender e crear.

    ResponderEliminar
  3. A maxia segue!!!! Gazas por estes momentos tan maravillosos.

    ResponderEliminar