mércores, 28 de febreiro de 2018

Teatro e o día de Rosalía de Castro

Vai sendo hora de achegar novas frescas a este espazo que compartimos!

Pasou o día adicado a Rosalía, figura arredor da cal fixemos un montón de traballos, soubemos un pouco da súa vida e obra, decoramos o seu retrato, escoitamos contos e poemas grazas ao traballo doutros cursos e tamén preparamos o noso, unha pequena obra na que todos andabamos na procura de Rosalía.

Uns decían que se andaba despedindo a última vez que a viran porque decía "Adios ríos, adións fontes..." outros pensaban que andaría na horta porque a escoitaron decir "miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, hortiñas que quero tanto, figueiriñas que plantei" algún ata pensaba que andaba na cociña xa que decía algo de "patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces, que ricas que saben!" incluso algunha cría que ao mellor estaba na aula de música con eso de "has de cantar meniña gaiteira..." despois de tanto recitar...estaba claro: Rosalía está en nós!


Non foi sinxelo organizarse, manter o turno de palabra e, sobretodo, escoitar aos demáis pero conseguímolo e puidemos ensinarllo aos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º na biblioteca! 



Ademáis, tamén nalgunhas horas de galego facemos micro-teatros, en realidade son pequenos díalogos en parellas ou trios cos que traballamos a lectura e a expresión procurando pasalo ben e cos que, paso a paso, cada día melloramos tamén neso de escoitar aos outros e agardar o noso turno, que tamén é moi importante nesta rebuldaina que montamos!


Seguimos avanzando e montando rebuldaina... os progresos son xa notables!

Saúdos

1 comentario:

  1. Ola Patri, son Iria. Entramos no blogue e gustounos moito e paseino moi ben nesta actividade.

    ResponderEliminar