mércores, 24 de xaneiro de 2018

Día escolar da Paz e Non Violencia

Ola!

Xa hai un tempo que vimos traballando distintas cousas arredor do Día escolar da Paz e Non Violencia así que queriamos contarvos un pouco do que estivemos a facer.

Primeiro decidimos unirnos á iniciativa de IMusicar e cantar "Quero verte libre" unha canción que trata o tema dos refuxiados pero para iso tiñamos que saber... que é eso de ser un refuxiado/a.

Nun debate inicial tiñamos algunha idea, esa xente que ten que marchar da súa casa...moitas veces pola guerra...

Foi a historia de "La pequeña Carlota" a que nos axudou a entendelo un pouco mellor. A pequena Carlota é unha nena que fuxe da súa casa por mor dunha guerra e vai pasando por lugares como "O país dos Comepedras", o dos "Cola de Seda", o dos "Corvos", o dos "Glotóns"... países nos que non pode quedar, sempre hai algún problema e os habitantes acábanlle dicindo que alí non pode quedar...
A pequena Carlota percorre moitos quilómetros buscando cubrir as súas necesidades, (comer, durmir, xogar, ser querido...) ata que chega ao país do "Bo Refuxio" 

Aquí abaixo podedes ver o conto de novo.


Tamén vimos unha foto historia que podes visitar aquí

E aos poucos fomos descubrindo máis cousas sobre os refuxiados e os problemas que atopan tratando de buscar un sitio máis seguro ao que ir.

Cando xa sabiamos un montón de cousas entón puidemos traballar a canción "Quero verte libre" (podes ver a letra e máis cousas aquí)

Estivemos a pensar se a paz era cousa dun día especial, dun evento ou conto ou se se facía a cada momento e que cousas axudan á paz no noso día a día. Axudar a amigos, sorrir, saudar,...
Entón un montón de novas saíron a un tempo:


Resulta que dous presidentes (o de Estados Unidos e o de Corea do Norte) estaban veña a discutir sobre quen tiña o "botón nuclear" máis grande... En serio? Dous adultos pelexando por ver quen tiña a arma máis maligna? Non pode ser, pensando e pensando decidimos que nós, nenos e nenas de paz, demostraríamos que nós temos os mellores e máis importantes botóns así que enchímolos das cousas que de verdade deberían ter:






Está sendo unha experiencia cargada de aprendizaxes que agardamos que compartades con nós e... aínda nos queda a super carreira solidaria coa que recaudaremos cartos para a ONG Save the Children!

Cantas cousas pasan no medio desta rebuldaina...

Apertas!

1 comentario:

  1. Moitas grazas por este traballo Patricia. Falamos moito desto e estamos escoitando cada día novas das que agora teñen máis información e opinan e deciden. Moi importante. Grazas.

    ResponderEliminar