mércores, 24 de xaneiro de 2018

Que é eso dos puntos?

Boas a todos e todas!

A verdade é que non vos  contáramos nada deso de "os puntos" que tanto falan os rebuldeiros de 1º...

Desde inicio de curso empregamos a ferramena Class Dojo por ser motivadora e divertida, todos temos o noso "monstruiño" e podemos facer que gane ou perda puntos con boas accións, atención, etc.

Ademáis os puntos de todos suman para o gran equipo que formamos no que todos e todas somos moi importantes.

Non é algo no que compitamos máis que con nós mesmos é un ambiente san no que as nosas boas accións teñen boas consecuencias; todos e todas procuramos obter puntos ben sexa pola nosa atención, por mellorar neso de respetar os turnos de palabra ou non interrumpir (todos/as queremos participar e hai que intentar que todos/as poidan facelo e non falar uns encima dos outros!), facer boas accións como recoller eso que está no chan aínda que non é meu, axudar ao/a compañeiro/a ao que lle caen os rotuladores, chamar a participar a aquel que non se atreve... 

Desde o inicio de curso a media da clase debe andar polos 20 puntos ou así e ademáis temos un pequeno menú de recompensas individuais e de equipo que nos animan a mellorar.


Ver que cada día somos máis pacientes, máis colaboradores e atentos é xenial así que eso merece ser recompensado.

Temos premios iniciais como unha pegatina, cambiar o noso monstruiño que recibe puntos, escoller unha canción para poñer na clase... a outros que nos permiten traballar unha sesión ao lado dun amigo/a que escollamos, o "Traio e falo" co que podemos traer calquera cousa da casa (xoguete, conto, fotos, vídeo...) e falar diso un cachiño para todos os compañeiros/as, o paseo e realidade virtual (cunhas gafas poderemos visitar outro país, un museo...)

Tamén temos tempo extra de xogo educativo no ordenador, xogo de mesa cun amigo ou incluso traballar toda a sesión empregando a mesa da profe!

Ademáis están os premios de grupo, esos que se consiguen cos puntos que todos sumamos ao noso bote!

É posible que o menú de recompensas vaia cambiando, iremos vendo!

Estamos moi contentos/as cos esforzos que facemos para que a dinámica da clase sexa a mellor posible así que... agora xa sabedes que é eso dos puntos e agardamos que vos guste!

Saúdos rebuldeiros!

1 comentario:

  1. Grazas Patricia, algo nos contaran na casa pero está ben ter máis información.

    ResponderEliminar