domingo, 22 de abril de 2018

Exposición de animais imposibles

Xa hai un tempo que rematamos o traballo sobre animais...

Pero o tempo apremia e semella que non estamos actualizando tanto as experiencias rebuldeiras no blogue coma esperabamos... ai, ai, ai...

O caso e que fixemos moitas cousas sobre os grupos de vertebrados (mamíferos, peixes, anfibios, réptiles, aves) a súa alimentación (omnívoros, carnívoros, herbívoros)...tamén se son ovíparos ou vivíparos... como se desprazan, como teñen a pel...

Así que coma peche fixemos unha exposición de animais imposibles, nela cada un de nos recibiu un "animal imposible", eran incríbles! que emoción velos todos...

Ollando ao noso animal tivemos que decidir que tipo de animal era, está claro que podiamos inventalo todo xa que ese animal non existe pero tiñamos que xustificalo, por exemplo, se é ovíparo...por que? pois porque nace a partir de ovos!

A exposición quedou chula e todos os cursos que pasan por diante dela quedan tolos cos animais que alí atopan!

Un "bolborelefante", unha "caimará", o "gorilapanda", un "canguüíno"...ata un que semella unha mistura entre esquío e raposo puxéronlle o nome de "zorroardilla super-poderoso". 










Agardamos que vos gusten os nosos animais imposibles!
Saúdos desde a rebuldaina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario